| AtaqueSon |
|
O AtaqueSon é unha treboada percusiva que pretende recrear un ataque liberador ó berro de "Eu SonCelta". As treboadas en Galicia teñen unha orixe moi antiga e son peculiares por usarse nelas bombos mais que tambores. Para participar no AtaqueSon soio tes que persoarte cun instrumento de percusión 40 minutos antes da hora programada diante do CICB (Centro de Interpretación Castro de Baroña) sito no MercadoCelta, gardar silencio e rechear a correspondente inscrición. O primeiro principio do ritmo é o respecto ó silencio. Son... SilencioSon... SilencioSon... Silencio... SonCelta! Non se admitirán no AtaqueSon a participantes que metan barullo mentras non arranca o AtaqueSon ou non presten atención á instrucción impartida polos CoMandantes (monitores). Os Participantes que asistan a un pase do AtaqueSon provistos dun bombo, terán dereito a un menú de xantar que a organización proveerá e un par de baquetas de alta gama, marca DrumStarStick asinadas e deseñadas polo percusionista padriño do AtaqueSon Xurxo Núñez. Os Participantes que asistan a un pase do AtaqueSon provistos dun instrumento de percusión, terán dereito a un par de baquetas de alta gama, marca DrumStarStick asinadas e deseñadas polo percusionista padriño do AtaqueSon Xurxo Núñez. Dito par de baquetas prestarase previo coa inscrición e haberá que devolvelo se non se acada a firma do CoMandante. Como condición indispensable para recibi-la compensación en forma de menú ou lote de baquetas, os Participantes deberán presenta-lo resgardo de inscrición asinado polo CoMandante. En caso contrario a Organización de SonCelta poderá reclamar 17,90€ de prezo das baquetas ao Participante. Os Participantes menores de idade terán que ser inscritos polos seus pais ou titores e acompañados por eles en procesión. Polo simple feito de participar o participante declara aceptar estas normas así como permite a SonCelta usar os datos de inscrición única e exclusivamente para ser covocado ao AtaqueSon nas súas vindeiras edicións. Para solicitar inscrición podes dirixirte a Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver Vente dalo golpe e que se note que és Celta! |