|
Estimados Veciños;
En vista de que determinados comentarios de "desconocidos" amparados no anonimato que permite a internet, se basan no enriquecemento persoal meu co negocio de SonCelta, resumirei a continuación a facturación primeiro o do ano pasado e despois da primeira edición.
Sen perxuizo de violar ningún dato de carácter privado detallarei a facturación de SonCelta 2009;
Eu, Carlos Miguel Rodríguez Oca facturei ao Excmo. Concello de Porto do Son:
Unha factura de 26.274,00€ En concepto de Suplido por pago delegado da producción de son 9.650,00€ Mare Produccións e a actuación de Kila 13.000,00€ a El Cohete Internacional mais 3.524,00€ de IVE. Declaro non haber recibido nin un só euro de ningunha das tres partes( a saber: Concello, Mare ou Cohete) en concepto de intermediación nin ningún outro.
Unha factura de 7.830,00€ en concepto de merchandising, camisolas, gorras, toallas e demais artigos co logo de SonCelta e a inscripción Porto do Son, que están intactas no Concello e só faltan as que se regalaron a personalidades, colaboradores, artistas, e voluntarios. Como "anecdota dicir que o Concello mercou 300 toallas e fixéronse 1000.
As que se venderon nos bares foron donadas por min ó festival. Teño facturas dos fabricantes do merchandising por un valor superior ó 11.500,00€
Excepto Garotas da Ribeira, Kila e Mare o resto de actuacións pagámolas como puidemos a miña parella e mais eu, ou sexa:
Galegoz. Grazas por esperar tanto, terminei de pagarlles o 23 de marzo deste ano. Sobre o esceario unha formación cunha profesionalidade absoluta. Un saúdo.
Som do Galpom. Grazas por esperar tanto, terminei de pagarlles o 23 de marzo deste ano. Sodes do millor, unha aperta.
Charangalaicos. Esta xente elaborou todo un proxecto musical para animar SonCelta... instrumentos noviños, amplificados... bueno bueno cando os vin e escoitei emocioneime. Grazas por esperar tanto, terminei de pagarlles o x de marzo deste ano. Víctor és do mais jrande que topei nesta terra jracias polo voso apoio e infinita comprensión.
La Troupe Celtiberic. Gracias chicos por esperar también a la primavera para terminar de cobrarlo todo. Un saludo desde el paraiso.
Coro Celta (IES Virxe do Mar). Máxico e magnífico esta xente de Noia que ven a facer unha actuación impecable dunha calidade suprema.
Rumbía, grazas chavales e "chavalas", dende o primeiro ano vivírono dende dentro e botaron unha man ata dos meus menos.
Dietas da Arpista "Bea" e acompañante. Grazas, sinto non poderte meter no cartel e nin sequera poder ver a túa actuación.
Dietas de todos os voluntarios de producción (moitos cartos). Grazas pola vosa axuda, un saúdo a tod@s. Sempre vos estarei agradecido, traballastes coma profesionais.
Camareiros e encargados da barra. Grazas pola vosa axuda.
Factura das bebidas. Grazas a Comercial Albariza -MAHOU- por poñernos todos os medios e darnos todas as facilidades.
Equipos auxiliares de producción
Pagamos aos holandeses da Roulotte Papillote. Boa Ventura a toda a familia onde queira que se atope.
Pagamos o deseño web, pagamos o hosting 130,00€ cada tres meses, pagamos o fotógrafo, á xefa de prensa (grazas Nati)...
Pagamos a pegada de carteis e reparto de flyers + de 2.000,00€
Bar Loreto. 350,00€ Grazas infinitas
por todo o apoio (pagaba o merchandising por adiantado para que
tuveramos cash para movernos e vendeu mais toallas que ninguén). Unha
aperta moi grande, eles foron o bar oficial de SonCelta e cobrou hoxe dia 19 de Xullo de 2010
Pagamos unha casa o sábado 250,00 para mete-los artistas.
Pagamos, pagamos e pagamos por un importe moi superior a 20.000,00€
Con que un só concelleiro queira que explique as contas no pleno do Concello vou.
Calqueira comentario "anónimo" xurda onde xurda de alguén reclamado diñeiro ou dicindo que me enriquecín con esto é falso categóricamente. Se alguén ten algo por cobrar que non sexa dos citados a continuación, diríxase, por favor a
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
e será solventado ó momento
Faltan por cobrar:
Anduriña. Que podo dicir... deslumbrantes, o que fai este grupo é Arte con maiúsculas, preciosa actuacíon o domingo que deixou maravillado ao artista Carlos Núñez e a todos os presentes. Un bico a tod@s. Sr. Director, siga creando con esas mozas que da gusto ver un traballo tan ben feito.
Taller de gaitas Nebra. Que está disposto a perdoar o seu caché. Grazas.
Restaurante Carou. Menos de 300,00€. Xa sei que non quere que poña que debo nada porque vou alí e estou na miña casa e traballaron codo con codo con nós e saben os apuros que ainda paso, grazas á familia Tomé Piñeiro en pleno.
Sirves 31. Parte dun bombo que se comprou para a treboada menos de 300,00€
Tres capataces de producción. As tres persoas indispensables para que o SonCelta fose realidade, algún deles non chegou a durmir 20 horas dende o día 20 ó 27 de xullo. Traballaron a reo sin discutir nin a primeira orden e a sabiendas de que van selos últimos en cobrar. Dicir grazas é pouco, vou dicir Ole o voso coraxe!!! Luis, Bertín e Eloy sodes xente de lei con vós pódese contar po que faga falta, con xente coma vós eu métome no que sea.
Ano 2008 SonCelta.
Os cartos percibidos polos cursos MundoCelta e mais as caixas das paradas que eu xestionei foron integramente para o festival e Carlos Santamaría entón Concelleiro pode corroboralo.
SonCelta nace como evolución da Noite Folk de Loimil festival que creei en 1996 e alguén patentou, polo que non puden volver facelo.
Atopábame eu vendendo un musical polos Concellos de Galicia, cando nunha reunión da productora dicidiron rebaixalo prezo á cuarta parte en tres funcións, polo que pensando que con ese prezo podería levar ó meu Concello adoptivo ( son nado en Rocaforte - A Estrada e empadroado en Seráns dende 2004) un espectáculo de primeira, fun á Concellería.
Unha vez alí vimos que o esceario da casa de cultura non dispón da certificación Clase A, e xa me dispoñía a marchar cando Carlos Santamaría me mencionou que había uns cartos que irían de volta se non os gastaba en un evento relacionado co CICB. E eu faleilles de organizar (eles) un mercado temático... para que o fixeran dende a Concellería. Ao que Lydia Moledo respondeu: - Que vá... coma en Noia? Nós non podemos facer eso, non sabemos como vai... non temos nin idea.
E eu repliquei: -bueno teño un proxecto na casa mañán traio e védelo.
E así tan pancho me fun para a casa encantado ca actitude do técnico xoven ( xa que eu pensei que Carlos era técnico de Cultura, porque non se identificou como o Concelleiro ate a segunda entrevista... eu tampouco lle preguntei que status tiña) e perplexo pola ignorancia da que parecia mover o cotarro. Esta Sra. Lydia non coñecía de nada nin lle soaba o nome de Leilía, e sole escoller as actuacións que programa ó chow polo nome ou a foto do catálogo. Tampouco lle importa moito de feito ela non vai as funcións que programa... nin ven ningún ano ó SonCelta... a onde sempre vai é a de Noia de feito eu vina alí en lamentable estado de embriagadez.
Pero esto pode comprobalo calqueira que se achegue á Concellería e preguntarlle por exemplo quen é Jordi SAVALL ou
Durindaina ou Cempés ou que identifique calqueira cancíon do noso folklore cun grupo, aposto que non sabe cantos paus de ritmo temos en Galicia.
Na segunda entrevista foi case só con Carlos e descubrín que polo destino tiñamos o mesmo nome composto Carlos Miguel... chamádeme tonto pero ese detalle do nome mais a disposición de Carlos a emprender calquera iniciativa que fora boa para o pobo, foi o toque máxico que me fixo meter de cabeza a adapta-lo proxecto ó Son.
A partires dese día de marzo de 2008 traballamos a reo para dotar ó Concello dun evento que nas súas dúas edicións fixo vir de fora mais de 600.000,00€ repartidos por todo ó concello, saldándose cun balance negativo para o meu bolsillo de máis de 30.000,00€. Teño os documentos que o acreditan, e nunca pensei que ía palmar tanto.
Para máis INRI, queda no meu poder merchandising mais que suficiente para pagar a todos, pido espazo polo rexistro ó concello para o evento (que eu creei e eles falsifican) e denéganmo. A min, á miña parella, cecais a artesán con mais proxección de Porto do Son, á miña nai Carmen Oca, todos fomos rexeitados mentras seguen invitándonos cada fin de semana nas outras feiras onde van a busca-los artesáns e cando se dan conta que somos nós, fuxen.
Fanse pasar por min en comentarios na propia web do evento, e dedícanme un párrafo deixando caer que son o rico de London que me puxen as botas á conta do SonCelta e o Concello. Ogallá fora así anque non foi con ese obxectivo.
Convocan unha feira dende o Concello sen bases previas nin tasas de ocupación e agora pretenden que os participantes paguen neste número de conta 0182 5317 83 0201517345 unha cantidade indeterminada que irá parar "o raposo sabe donde". Como anécdota dicir que ó pulpeiro que estaba onda o esceario pedíronlle 3.000,00€ por participar.
Onde está o proxecto da feira castrexa?, publíqueno.
Onde están as normas de participación ou bases da convocatoria asinadas polo secretario do Concello? publíquenas.
Por último decir que dende o Concello só se puxeron en contacto conmigo para pedirme as claves do Facebook de SonCelta ao que respondín que son webs do festival non do concello, e Lydia replicoume argumentando cunha factura de 2008 en concepto de deseño e aloxamento web da páxina do festival, e eu volvín contestar.. Lydia estamos en 2010.
Logo pideume que lles buscara artesáns e llos seleccionara e que lles dera os datos de contacto dos de edicións anteriores, tareas que inxénuo de min fixen.
Tampouco lles prohibín usar fotos do evento... era o que faltaba, Gustavo ten fotos de todo, eu as do noso fotógrafo si que non llas dou xa que as paguei eu e están protexidas por dereitos de autor polo propio fotógrafo... e de todas todas non mas pediron tampouco.
Tampouco me pediron que lles cedese os dereitos para organizalo baixo a marca SonCelta.
Tampouco lle neguei o Concelleiro que as direccións de internet eran miñas, porque na miña vida falei con él... trapalleiro!
Tamén podería pedir firmas ou calquera acción reivindicativa, ou haber plantexado ó anterior Alcalde que me firmase un convenio de varios anos e deixalo atado... pero pasei... que a xente quere SonCelta; SonCelta. Que non o quere... a otra cosa mariposa. Que fagan o que queiran no sitio de SonCelta, pero non será SonCelta. Non calquera por ahí pode facer SonCelta. O SonCelta fagoo eu que pa eso o inventei (Eu e Maria DeJude, anque Carlos Santamaría tamén aportou ideas) e se gano cartos é meu problema e está visto de que se os perdo tamén. Que alguén me cite unha sola persoa que perdera cartos por culpa do festival, que eu coñezo moita que ganou uns bos cartiños.
Houbo outro festival de marca en Porto do Son o LIVE H2O ese non se lle ocorreu copialo... Por qué? Pareceulle millor idea o SonCelta? Porque non o plantea como ten que ser... Este ano imos facer "xxx" e punto, non hai que dicir eso de durante 2 anos fíxose "i" e agora e "i" pero non "i" porque a info de "i" tena un millonario asqueroso que no queremos na vila... e resulta que o listillo millonario non é mais que un humilde emprendedor fillo de artesáns ó que lle cortan a cabeza por traballar co anterior goberno en beneficio de todo o Concello.
O proxecto que estaba preparado para este ano, contemplaba unha concentración de motos de auga en PortoSin, probas deportivas de KiteSurf e un concerto no Castro televisado ós bares xa que o ano pasado aprendemos que a maioría da xente quere estar no MercadoCelta non no esceario. A data deste ano sería máis ó principio de Xullo. O ano pasado fomos para o finde do 25 porque Noia se ven para a data que tivemos na primeira edición, o que supuxo unha diferenza de 3.000,00€ só nos costes de son xa que é un fin de semana moi caro que hai eventos en todas partes.
Nunca o SonCelta terá mais de 36 Mercaderes invitados o resto serán da localidade anfitriona. Meter 100 paradas como se está a fachendear só vai valer pa que non venda un can ningunha tenda da vila. Calidade nos que veñen é o que fai falla, e non unha pseudocastrexa sucedáneo de medieval ateigada de arxentinos que nunca foron celtas nin castrexos nin nada fai mais de 600 anos atrás.
Claro que houbo moitos fallos en SonCelta pero en moitos casos tivemos as mans atadas por problemas que xurdían que nos quitaban o tempo.
Houbo quen quixo montar un tenderete con andamios que non reunía nin as mínimas medidas de seguridade, tiñan cavillas que lle podían quitar un ollo a un neno... e cando lla fixen retirar amenazáronme.
Outros non respectaron os horarios de montaxe e cando tiñamos a tele en directo puxéronse a extender embalaxes ou o do bar da plaza que desfixo as pacas coma un demente.
Eu teño moitísima experiencia en eventos culturais e deportivos, podo dicir ca boca chea que fixen traballos impecables en: Festa do Salmón, Feira do Moble de Galicia, Semana Verde de Galicia, Noite Folk, Xogos Náuticos Intercélticos (Mercado Celta, Morlaix - Bretaña Francesa, Gijón e Truro en Conrwal), Campeonato Galego de Sport-Producción, etc. Pasarela Nuevos Valores Cibeles SIMM (escenografía, management e producción)
Fun a centos de concertos, asistín a feiras de todo tipo e temática en toda España, como asistente e como participante. E son fillo, neto, bisneto, etc de artesáns.
Que evento organizou a empresa que leva a castrexa, Galicia Verde?
Unha empresa creada esta primaveira.
Eu son do Son, cotizo impostos aquí e xerei traballo aquí, para a xente daquí, e trouxen 40 paradas que levaron cartos pero non os levaron todos... haber os cartos que quedan no pobo con 100 paradas, que non son capaces a traelas nin de broma... van traer xente que dispoña de IAE e SS SS , Carta de Artesán ó día ou van a permitir veñan feirantes ilegais que se leven todas as vendas e que as tendas que pagan impostos se queden valeiras, van a atraer visitantes de fora do Concello ou vai ser unha feira parásita.
SonCelta é un Festival con contido, non unha feira.
Por certo o Sr. Concelleiro programou unha medieval en PortoSin para fin de agosto, contratada a Heracles MT a peor organizadora de temáticos que te poidas tirar á cara e para mostra: ver o adebacle que fixo esta fin de semana na Praza Roxa de Santiago de Compostela.
Pronto haberá novas sobre a edición 2010 de SonCelta que faga onde se faga estades todos invitados e que contará con actuacións de formacións de Porto do Son.
Agardo esta carta mate a curiosidade da xente que non soubo nada de como se coceu o SonCelta en Porto do Son.
Quixera pedir desculpas a todas as persoas que inda non cobraron. E tamén polas faltas de ortografía.
Dende aquí quero citar de xeito moi especial a todos os Participantes Inscritos nos cursos MundoCelta 08/09 e MiniMundoCelta 09 así como no AtaqueSon das dúas edicións ademáis dos artesáns e mercaderes do MercadoCelta, resaltando as asociacións LOA e AMICOS. Eles son a esencia de SonCelta. Moitas Grazas.
Quero dalas grazas a todas as persoas que co seu apoio fixeron posible ese pequeno milagre de SonCelta en Porto do Son. Pronto intentarei citar un por un ós que traballaron sin remilgos aportando todo o que podían como o Sr. Ruiz-Rivas que nos abreu moitas portas inda a pesares das pintas que temos. Grazas a Nati que consigueu facer do Son a capital dos Celtas. Miguel Mayán, moitas grazas, que forma mais deportiva de facelas cousas sen queixarse. Santos, despacito pero constante, sempre con sentido de humor axudou moitísimo. Gustavo, o corazón do CICB centro neurálxico de SonCelta 08/09. Sofía Tarela que fixo de relacións públicas aparte de deslumbrarnos co seu show xunto a Paola, que grandes Garotas da Ribeira! Carlos Núñez Embaixador de SonCelta, tanta xente verdá... o millor do Son dounos o seu apoio e convirteu SonCelta en catro días de festa e lecer, sempre vos estarei agradecido e brindarei por vós en cada edición de SonCelta.
Mención especial ao Excmo. Concelleiro de Presidencia Sr. Alfonso Rueda, que presidiu a ceremonia de inauguración e nos agasallou co apoio do Goberno da Xunta de Galicia. Grazas pola súa presenza.
Mención tamén para o Equipo de Goberno presidido por Manuel Tomé principal impulsor de SonCelta, foi un pracer traballar con vós, Grazas por permitir que nacera a criatura. E a Carlos que lle vou dicir... corta o pelo e faite un home! antes de que che caia coma a min.
Por último inda que debería se-la primeira, da-las grazas a María DeJude realmente a alma e soporte de SonCelta, creadora da imaxe corporativa e responsable dos cursos, ambentación, etc. e a persoa que mais sufreu e aguantou. E non nos esquezamos, pagou parte dos mais de 100.000,00€ que costou o festival.
Recibide un cordial saúdo.
Carlos Miguel Rodríguez Oca - Presidente de FWF Intermedia, empresa propietaria da marca SonCelta.
|